mércores, 14 de marzo de 2018

"CONTOS DE TRÁS-OS-MONTES" CON VÍTOR FERNANDES - FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

https://www.dropbox.com/s/7lg21wvp9se664t/2018-03-16%20Cartel%20V%C3%ADtor%20Fernandes%20-%20Festival%20Atl%C3%A1ntica.jpg?dl=0

A segunda actividade prevista da participación do Concello de Pazos de Borbén no Festival Atlántica 2018 terá lugar este venres no Auditorio do Concello.

Este próximo venres 16 de marzo teremos connosco a

Vítor Fernandes
co seu espectáculo

‘Contos de Trás-Os-Montes’

na que será unha oportunidade para achegarse ata as historias dunha rexión veciña e ao mesmo tempo, descoñecida.

Haberá contos politicamente incorrectos, dos que se contan nas casas dos pobres que gozan facendo brincadeiras cos ricos, cos curas, co que sexa. Serán contos sen tempo e fóra do tempo, contos na atemporalidade da vida narrada nun recuncho do mundo que está Trás-Os-Montes.

13-14 h | Auditorio do Concello [Pazos, 52]
Espectáculo para escolares (3º - 6º primaria) e usuarios da asociación ASPAVI | Infantil | Portugués

O portugués Vítor Fernandes é nado na vila de Alfândega da Fé na rexión de Trás-Os-Montes. Este licenciado en Historia adentrouse no mundo dos contos grazas é Escola de Narraçao Oral Itinerante de Clara Haddad e desde aquela seguiu a se formar con mestres de todo o omundo. O seu repertorio está cheo de contos de amor, humor, vivacidade, astucia e emoción da tradición oral portuguesa. É un dos integrantes do grupo Contos na Eira, un proxecto que pretende avivar os momentos de convivencia dos tempos de outrora a través da transmisión oral de contos populares portugueses, lendas e cancións tradicionais.

Se desexas máis información sobre Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, o seu programa e os artistas convidados podes consultala na web http://festivalatlantica.com.

Esperámosvos en Pazos de Borbén no
FESTIVAL ATLÁNTICA 2018


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger