martes, 11 de decembro de 2012

1ª CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS

Abraza a lectura
Ola amigas e amigos,

BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, pon en marcha, hoxe día 11 de decembro, a "1ª CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS" aproveitando estas festas do Nadal.

Actualmente BIBLIOPAZOS ten rexistrados 105 socios e o noso obxectivo é duplicar esta cifra ao longo desta campaña. Queremos chegar a toda a veciñanza e sobre todo a aqueles que non teñen o hábito de ler e tamén aos que aínda non coñecen a Biblioteca e as súas novas instalacións.

Para coñecernos podedes visitarnos nas nosas instalacións e gustosamente informarémosvos sobre todos os servizos que ofrecemos na Biblioteca.


¡Ah! Ademais tanto a inscrición como socio e os nosos servizos son totalmente GRATUÍTOS.

Todos aqueles que queirades facervos socios tedes que encher unha solicitude que se pode descargar AQUÍ ou conseguir nas oficinas da Biblioteca e nas do Concello. Unha vez cuberta tedes que entregala na Biblioteca acompañada dunha fotocopia do DNI e unha foto tamaño carné para poder facervos o carné de socio da Biblioteca.

Os menores de 14 anos de idade deberán contar coa autorización do pai, da nai ou do titor por razóns de tipo legal. Así que xa sabes, se tes menos de 14 anos e queres facerte socio dilles que te acompañen.

Desde BIBLIOPAZOS animámoste a FACERTE SOCIO e a gozar deste interesante, necesario e básico servizo público gratuíto que pon á túa disposición o Concello.
 

¡Huy! esquecíame dicir que todos aqueles que se FAGAN SOCIOS durante esta campaña recibirán un pequeno agasallo da Biblioteca “acorde á idade” ata fin de existencias, así que xa sabedes ¡Vinde pronto!

Descarga a túa solicitude facendo CLIC AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger