2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"

2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"
3, 10, 17 e 21 de Novembro de 2017 / Auditorio do Concello

xoves, 23 de novembro de 2017

MÁIS CONTOS EN CANTOS


MÁIS CONTOS EN CANTOS
Autor das letras: Almudena Janeiro 
Ilustración portada: Borja Guerrero
Ilustracións interiores: Varios autores
OQO  Editora
Colección: Q son 

Xénero:  Belas Artes - Música

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.

Os lectores poderán cantar e bailar ao son do reggae con A Máscara do león, do rock con Carabuñas, da rumba con Picurruchos, da polca con Maruxa ou atreverse cun corrido mexicano con A voda de Galo Pinto e outras moitas máis... 

Contén as cancións: 1.- Chocolata 2.- A mellor sopa do mundo 3.- A voda do galo pinto 4.- A máscara do león 5.- Cocorico 6.- A figueira de pelostortos 7.- Maruxa 8.- Carabuñas 9.- Picurruchos 10.- A princesa do caurel 11.- Chega un avión! 12.- Corre corre, cabaciña 13. Nariz de Ouro 

ISBN: 978-84-9871-548-4
Nº de páxinas: 36
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 25,5 x 24 cm

O BOSQUE PÁLIDO


O BOSQUE PÁLIDO
Autor: Jaureguizar
Ilustracións: José Ángel Ares
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Edicións Obradoiro S.L.
Colección: O que leo Narrativa serie azul

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 12 anos

Para que mellore o seu inglés, os pais de Lidia envíana a Illa Fog, un illote sempre cuberto de néboa onde os seus habitantes viven coma no século XVIII.

Malia o cariño que lle demostra a súa familia de acollida, axiña sospeita que Illa Fog pode agochar algo escuro. Coa axuda de William, o enigmático fillo do seu anfitrión, intentará desentrañar o misterio desta sociedade.

O Bosque Pálido amosa que a forza do amor pode superar o rexeitamento ao diferente e mesmo a morte.

ISBN: 978-84-939712-9-8
Nº de páxinas: 59
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 14,5 x 20,5 cm


mércores, 22 de novembro de 2017

QUE PODES ATOPAR? NA ESCOLA


QUE PODES ATOPAR? NA ESCOLA
Ilustradores: Maxine Davenport e Cindy Roberts
Engaiolarte Edicións 
Colección: Moitas cousas para ver e dicir

Xénero:  Literatura infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

Ven á escola e atópame...

Cunha chea de elementos divertidos para ver e dicir, este libro axuda a aprender novas palabras, estimulan hábitos de observación e prepara para o mundo escolar. 


ISBN: 978-84-944792-8-1
Nº de páxinas: 16
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 21 x 21 cm


A IRA DOS MANSOS

 
A IRA DOS MANSOS
Autor: Manuel Esteban
Ilustracións: Ana Costas
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa 

Xénero: Literatura en Galego -Narrativa 

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo , un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.

A ira dos mansos é unha magnífica novela policial e negra, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión sobre a dignidade, a inclusión e o respecto.

ISBN:978-84-9121-101-3
Nº de páxinas:189
Encadernación:Cartoné
Formato:14,5 x 22 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger