domingo, 11 de marzo de 2018

"TODA MULHER TEM A CABEÇA CHEIA DE HISTORIAS" CON TÂMARA BEZERRA - FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

https://www.dropbox.com/s/ik9263js8owjpzd/2018-03-13%20Cartel%20Tamara%20Bezerra%20-%20Festival%20Atl%C3%A1ntica.jpg?dl=0

Estréase a participación do Concello de Pazos de Borbén no Festival Atlántica, para a que temos preparado duas estupendas actividades para os escolares do municipio.

A primeira sesión terá lugar o martes 13 de marzo, a cargo da narradora

Tâmara Bezerra

que vai agasallar aos escolares co espectáculo

‘Toda mulher tem a cabeça cheia de historias’

Trátase dunha función que inclúe tanto contos da tradición como contos de autor. En todos os enredos está presente a figura forte dunha narradora de historias e, ademais, os contos posúen a estrutura dunha matriz tradicional herdada da oralidade.

13-14 h | Auditorio do Concello [Pazos, 52]
Espectáculo para escolares (3º - 6º primaria) e usuarios da asociación ASPAVI | Infantil | Brasileiro


https://www.dropbox.com/s/800toq2cdwkgsyx/Tamara%20222.jpg?dl=0
A narradora e escritora Tâmara Bezerra natural de Orós, estado de Ceará (Brasil) é graduada social especializada en Arte-Educación. Posúe un mestrado en Educación Intercultural pola Universidade de Lisboa, con investigación en contos de tradición do deserto brasileiro. Ten unha ampla traxectoria nas narrativas literarias dentro e fóra do Brasil, cunha forte influencia da poética da tradición oral. Tamén desenvolve habitualmente unha intensa actividade como buscadora de contos populares e formadora de narradores e mediadores de lectura. No eido literario, alén de títulos infantís, ten publicacións sobre narración de historias e mediación de lectura. É, ademais, membro do ‘Grupo de Estudos, Pesquisas e Partilhas com narrativas: Costureiras de Histórias’ de Fortaleza, Brasil. 

Se desexas máis información sobre Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, o seu programa e os artistas convidados podes consultala na web http://festivalatlantica.com.

Esperámosvos en Pazos de Borbén no
FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger