sábado, 24 de marzo de 2018

MARUJA MALLO


MARUJA MALLO
Autora: Elvira Ribeiro
Ilustracións: Eva Agra
Urco Editora
Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Biografías

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

A través deste volume mergullámonos na vida dunha das nosas artistas máis rompedoras. 

Coñecemos aquela nena que amarrou con forza o soño de se converter nunha extraordinaria pintora. Ela era unha muller apaixonante e apaixonada. Unha muller intelixente, estudada que prendeu nas cores vivas, nas formas xeométricas, no cosmos e todo aquilo que podía representar nos seus lenzos. Unha muller que fixo unha personaxe de si mesmas e que non deixaba indiferente a quen se cruzaba no seu camiño.

Unha muller libre e comprometida. Unha muller leal ás amizadas e , sobre todo , unha muller brava. 

Ela era... Maruja Mallo

ISBN: 978-84-15699-98-9
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger