sábado, 10 de decembro de 2016

A AVOA ADORMECIDA


A AVOA ADORMECIDA
Autor: Roberto Parmeggiani
Ilustracións: João Vaz de Carvalho    
Kalandraka Editora, 2015
Colección: MareMar
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +4 anos

"A AVOA ADORMECIDA" presenta con sensibilidade, tenrura e cercanía, a estreita relación entre un neno e a súa avoa, que cae enferma. O ton poético do texto complétase cunhas sinxelas ilustracións de cores suaves feitas con lapis, acuarela e pastel. 

Destaca a sutileza coa que Roberto Parmeggiani -evocando a súa propia memoria sentimental- narra o proceso de doenza: dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a afección aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas e o letargo de sono irreversible que o neto compensa a base de compañía; ata un desenlace con forma de conto.

João Vaz de Carvalho recorre as fermosas metáforas visuais para representar o tránsito do tempo, a perda, a ausencia e o recordo.

Este relato atemporal transcorre nun espazo familiar, lonxe do ambiente frío e impersoal de hospitais e residencias. Transmite emoción, serenidade e amor. É unha sincera homenaxe a unha figura fundamental na infancia de todo ser humano: AS AVOAS E OS AVÓS.

ISBN: 978-84-8464-914-4
Nº de páxinas: 34
Encuadernación: Tapa dura           


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger