mércores, 24 de agosto de 2016

99 PREGUNTAS ARREDOR DO ALZHEIMER


99 PREGUNTAS ARREDOR DO ALZHEIMER
VV.AA.
Edita: Xunta de Galicia, 1999

Xénero: Ciencias Aplicadas - Mediciña

A enfermidade de Alzheimer produce un grave deterioro na vida do individuo que leva con frecuencia a unha dependencia total e absoluta do enfermo coas persoas que o rodean. Esta necesidade de coidado que se fai día a día, minuto a minuto, provoca no coidador principal un cambio na súa vida, que moitas veces se olvida de sí mesmo e do mundo social no que vive.

A Consellería de Sanidad e Servizos Sociais é consciente deste labor e a importancia dela e dalgunha maneira quere acercarse a eles poñendo nas súas mans un instrumento útil, sinxelo e práctico, co recoñecemento do seu esforzo.

O libro 99 PREGUNTAS ARREDOR DO ALZHEIMER pretende ser unha axuda para os familiares e coidadores dos enfermos e tamén para os profesionais da saúde e dos servizos sociais. 

Noventa e nove preguntas que xiran en torno á enfermidade, as súas causas, ó tratamento, as situación no coidado, as axudas e os temas legais que foron elaboradas por profesioanis e familiares co ánimo de responder as inquedanzas das persoas que estan a vivir, directa ou indirectamente, as causas desta enfermidade.

ISBN: 978-84-453-2604-X
Nº de páginas: 86
Encadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger