martes, 14 de maio de 2013

Letras Galegas 2013 - Roberto Vidal Bolaño



O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia no que participou como actor, como director, como iluminador...

Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística queremos destacar desta inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron estreitamente ligado a ela.
Material divulgativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida. 

Ler máis... 

Fonte: Xunta de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger