martes, 21 de maio de 2013

Contacontos en BIBLIOPAZOS - Programa de Animación á Lectura

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS), durante o mes de maio e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2013, ten organizado diversas actividades de animación á lectura.

Para ampliar clica no cartel
O martes, día 21 de Maio, a partir das 13,00 horas na Sala de Lectura, Marcos Pampín Gómez de Xanela Ocio e Animación co espectáculo de contacontos Mira como cho conto!”, amenizará a velada á que están especialmente invitados os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, ademáis do público en xeral.

Para ampliar clica no cartel

O xoves 23 de Maio, haberá doble actuación do espectáculo de narración oral Contacontos Animaliños” con Patricia Martínez Rodríguez de EDUVIA (Vías para a Educación):

-Ás 11,00 horas na Sala de Lectura, XORNADA DE CONVIVENCIA cos usuarios da Asociación de Pais de Persoas conDiscapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI), que pretende a normalización das actividades deste colectivo e a participación do mesmo en todos aqueles eventos que estean a disposición da cidadanía en xeral na localidade. Durante esta xornada, ademais da actuación do contacontos, se lles fará entrega a todos os usuarios do seu carné de socios da biblioteca e dun agasallo con motivo da Campaña de Captación de Socios que está a realizar a biblioteca durante este ano 2013.

-As 13,00 horas, novamente na Sala de Lectura, nova actuación de "Contacontos Animaliños" coa participación especial dos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

Estas actividades enmárcanse dentro do PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS "LERCONTA MOITO" promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este ano 2013, e no que participa a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén BIBLIOPAZOS.

A entrada é LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger