xoves, 25 de abril de 2013

A Cara dos contos


Seguimos coas actividades de animación á lectura no MES DO LIBRO e o próximo luns día 29 de abril, visitaranos a narradora CHUS OTERO que nos fará unha contada para nenos. Tres contos acompañados de obxectos, adiviñas, trabalinguas e cancións contados de forma divertida e orixinal.

¡Ven descobrir o mundo máxico dos contos!

Dirixida ao publico infantil de 3 a 7 anos, terá lugar no Auditorio do Concello a partir das 11,30 horas da mañán.

Están invitados á contada os alumnos de infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da Escola Infantil "A Galeriña" de Nespereira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger